Pobo tairona

Territorio histórico do pobo tairona.

Os taironas foron un grupo indíxena que habitaba nos departamentos colombianos de Magdalena, Guajira e do Cesar, nas faldras da Serra Nevada de Santa Marta, incluíndo as concas dos ríos Guachaca, Don Diego, Buritaca e a zona baixa costeira comprendida dentro do Parque Nacional Natural Tayrona.

Trátase dun grupo de filiación chibcha.[1] Presúmese que o nome tairona poida estar relacionado cos termos teyuna e teiruna, que se atoparon en varias linguas dos pobos indíxenas que aínda sobreviven na serra de Santa Marta, todos eles de filiación arhuácica-magdalénica. Entre estes pobos atópanse os kogui, que presumiblemente poidan ser descendentes dos tairona.[2] Sobre a lingua dos kogui, suxírese que hai certo parentesco coa antiga lingua dos tairona; na actualidade aínda hai preto de 7 mil falantes de kogui-tairona.[3]

  1. "Etnomicetología" (1). ISSN 0120-548X. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. "Renovación del Museo del Oro Tairona de Santa Marta", no sitio en Internet da Biblioteca de Luis Ángel Arango, do Banco da República de Colombia, consultado o 9 de outubro de 2008[Ligazón morta]
  3. La definición de la lengua "Kogui" que puede verse el reporte de Ethnologue, consultado el 9 de octubre de 2008.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search